top of page

CróniCans

O pasado 24 de maio, a partires das dez da noite, no Torreiro da parroquia de San Estevo de Cans, O Porriño, celebrouse a primeira tanda da entrega de premios do certame deste ano 2013. A cerimonia foi presentada por un dos membros da Asociación Cultural Arela e principal organizadora do festival, Keka Losada, en compañía dun dos membros do elenco da serie Era visto, Federico Pérez. Ambos os dous, nun ton de ironía e humor, fixeron que a velada dicorrese dun xeito fluído e ameno para todos os presentes. 

 

Creo que non escollín ben o sitio. Non o pensara, a verdade, só intentaba escapar do enorme xentío que me envolvía. Os altofalantes, á dereita facían que os meus tímpanos estivesen a piques de estoupar; os pés dos micrófonos partían en dous todos os planos posibles a realizar; e, por se fora pouco, estaba tan sumamente comprimida, que a piques estiven, máis dunha vez, de caer enriba do xurado, cámara en man. 

O pasado sábado 25 de maio, ás doce do mediodía, na parroquia de San Estevo de Cans, O Porriño, celebrouse o coloquio do director de cine vasco, JuanMa Bajo Ulloa. É o creador de diversas curtametraxes, entre as que atopamos 100 aviones de papel e El reino de Víctor, pola cal gañou o Goya á mellor curta. En 1991, hipotecou a súa casa para producir a súa primeira película de longametraxe, Alas de mariposa, coa que gañaría a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de San Sebastián. Cos ingresos desta, elaboraría a súa segunda longa, La madre muerta, en 1993. Anos máis tarde dirixiría o guión da taquilleira Airbag (1997), seguida por Frágil (2004), múltiples videoclips e o documental Historia de un grupo de rock, en 2008. O produtor, xa, debutara ese mesmo ano, realizando un coloquio no Festival que organiza a aldea, o cal non deixou indiferente a ninguén. Mais, houbo un inconveniente na súa anterior visita: a chuvia cobrou máis protagonismo ca el facendo que medio aforo quedase baleiro. Este ano, Bajo Ulloa, volveu con máis ansias que nunca de resarcirse.

 

Eran as doce do mediodía e o sol petaba como se non o fixera nunca antes. Parecía como se levar tempo sen saír lle fixera acumular tanta combustión que agora a tiña que soltar toda de golpe. Como un bomba. Á vista, ningunha sombra. Tan só había un pequeno tellado, xa pillado pola pandilla máis antiga do lugar, no que resgardarse das acusacións de Lorenzo...

bottom of page