top of page
O presidente da Academia do Audiovisual Galego, Antonio Mourelos, fala sobre Cans

Entrevista ao presidente da Academia do Audiovisual Galego, Antonio Mourelos, sobre a situación dos festivais de cine en Galicia e, máis concretamente, sobre o Festival de Cans, realizado o pasado mes de maio. O que se pretende achar con esta entrevista é se a crise económica está sendo un inconveniente á hora de manter vivos os certames cinematográficos, os cales, moitos deles, rematan por procurar financiamento privado ou, incluso, chegan a desaparecer do mapa fílmico, como, xa, aconteceu co Curtocircuito en Compostela e está a piques de ocorrer, tamén, co de Ourense. 

O director do Festival de Cans, Alfonso Pato, explora os dez primeiros anos do certame.

Alfonso Pato é o máximo responsable deste certame. Realiza unha retrospectiva sobre o festival que dirixe e organiza, xunto coa Organización Cultural ARELA, de O Porriño. Os puntos a tratar na conversa xiran en torno á simbiose entre o Festival e Cans, unha aldea pequena que se enche de xente e cine durante catro días ó ano. Algunhas propostas de futuro do director para esta mostra pasan por unha maior profesionalización e unha mellora constante das tarefas postas xa en marcha. O próximo reto: a fusión de todos os conceptos explorados ata o de agora en base á creatividade.

O crítico de cine, Miguel Anxo Fernández, sitúa ó Festival de Cans dentro do panorama audiovisual galego

Cans Interview

Miguel Anxo Fernández, crítico e investigador cinematográfico, explora nesta entrevista as diferentes posibilidades que ofrece ó audiovisual galego a existencia dun festival de cine coma o  de Cans. Servir como plataforma para novos creadores, ser un punto de encontro entre os profesionais do audiovisual, entre sí e co seu público; ou celebrar a saúde dun sector estratexico para a cultura son algúns dos puntos a ter en conta, sinalados por Fernández. Deféndese as salas de cine como "a pantalla das pantallas" e sinala nesta defensa que os festivais de cine son unha das principais iniciativas que aseguran a súa supervivencia. 

bottom of page