top of page

Pasarela Cans

O venres 24 pola tarde unha procesión de chimpíns partiu do Baixo do Moncho cara a rotonda de Cans para inaugurar oficialmente a X edición do Festival. A caravana desfilou pola estrada da vila a paso de muiñeira e seguida por multitude de veciños e visitantes. Nos primeiros chimpíns desfilaron os membros do xurado deste ano (Antón Durán "Morris", Patricia Vázquez, Víctor Fábregas, Unax Ugalde ou Manuel Manquiña, entre outros), seguidos por veciños e visitantes que se animaron a trotar polas rúas da aldea sobre estas limusinas tan peculiares.

A tarde do sábado 25 o servizo oficial de transportes do Festival de Cans púxose en marcha. Os chimpibuses percorreron o seu traxecto inaugural dende o baixo de Bugarín ata o  Torreiro de Cans precedidos por unha banda de gaiteiros un tanto peculiares e cun look estival, Os Veraneantes. Detrás, toda unha comitiva de visitantes e veciños que durante este día grande tiveron a súa disposición os chimpibuses para desplazarse entre as diferentes actividades ofrecidas pola organización do festival.

bottom of page