X Festival de Cans
Jorge Ilegal y Los Magníficos nace como unha reivindicación das orquestas de antes, as de traxe elegante e son latino directamente chegado dos anos 50. Jorge Martínez, o seu líder, macerou este proxecto cerca de vinte anos, antes e durante a súa etapa dentro dos Ilegais que o levou a percorrer os escenarios de medio mundo da man do rock and roll. Finalmente, en 2010, o proxecto chega a bo porto, da man de vellos coñecidos: Alejandro Blanco no contrabaixo e Jaime Beláustegui na batería, compoñentes de Ilegales; Juan Flores ós mandos da sección de vento e Xuan Zem como vibrafonista. Esta mestura traxeada recupera, con elegancia e certa morriña, os sons e o espírito das orquestas dos anos 50 e 60, recuperando con éxito esta época dourada do guateque, tan analóxico, na era dixital.



