top of page

Cristina Pato (Ourense, 1980) é, quizáis, a gaiteira galega máis famosa dentro e alén das fronteiras do país. Co seu primeiro álbum, Tolemia, convértese na primeira muller gaiteira galega en editar un álbum en solitario. Tiña 18 anos, e dende entón a súa carreira experimentou un ascenso meteórico. Colaborou con grupos da talla de ​The Chieftains, a ​Chicago Symphony Orchestra, a Orquesta Sinfónica de Tenerife ou Hevia. Ademáis, Pato é Doctor of Musical Arts pola Mason Gross School of the Arts da Rutgers University e posúe a Titulación Superior de Piano, a Titulación Superior de Teoría da Música, Transporte e Acompañamento e a Titulación Superior de Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Música del Liceo de Barcelona.

Jaliñeiro Unplugged, sábado 25 de Maio de 2013

Cristina Pato

bottom of page